Inicio Galicia O Goberno galego destaca a profesionalidade e o labor imprescindible que leva...

O Goberno galego destaca a profesionalidade e o labor imprescindible que leva a cabo a Policía día tras día na nosa comunidade

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asistiu aos actos institucionais con ocasión do Día da Policía que tiveron lugar no Auditorio de Galicia


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a profesionalidade e o labor imprescindible que os membros da Policía levan a cabo, día tras día, na nosa comunidade.

Alfonso Rueda asistiu aos actos con motivo do Día da Policía, organizados conxuntamente pola Policía Autonómia e a Policía Nacional onde indicou a importancia que teñen na nosa sociedade os corpos e forzas de Seguridade como piar da seguridade cidadá, sendo en moitos casos o primeiro chanzo de atención aos cidadáns.

Rueda indicou tamén a necesidade de incrementar os efectivos existentes na nosa comunidade, facendo especial fincapé na Unidade da Policía Autonómica que necesita completar o seu cadro de persoal xa que, como lembrou, nos últimos anos ten incrementando as súas tarifas e funcións, polo que o Goberno galego instará ao Ministerio do Interior a que cubra as prazas da Unidade da Policía Autonómica.

Ao acto institucional tamén asisitiron o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; a conselleira de Política Social, Fabiola García; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo; o comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico e o comisario da xefe da Policía Nacional de Santiago, Felix García, entre outros. 

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

- Te recomendamos -