A convocatoria ten como obxectivo reforzar a investigación lingüÃstica, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua propia de Galicia, co fin de avanzar na súa normalización e promover o seu uso en todos os eidos profesionais e sociais.
A ConsellerÃa de Cultura e Turismo publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de dez bolsas de formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). A convocatoria ten como obxectivo reforzar a investigación lingüÃstica, literaria, histórica e antropolóxica sobre a lingua propia de Galicia, co fin de avanzar na súa normalización e promover o seu uso en todos os eidos profesionais e sociais.
En concreto, os proxectos para os que se convocan prazas son o Dicionario galego-italiano (Galita), BibliografÃa da literatura galega, Corpus de referencia do galego actual (Corga), Cantigas de Santa MarÃa, Prosa literaria medieval, TerminoloxÃa cientÃfico-técnica, Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxÃas da fala, Proxecto Base de datos do Atlas LingüÃstico Románico (ALIR) e Dicionarios de literatura. A duración das bolsas abranguerá do 1 de novembro de 2020 ao 31 de outubro de 2022, cunha retribución mensual de 990 euros.
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia desde mañá ao vindeiro 7 de setembro.
Máis de 500 investigadores en 26 anosO Centro Ramón Piñeiro é un organismo dependente da ConsellerÃa de Cultura e Turismo que se encarga de impulsar e difundir proxectos de investigación lingüÃstica, literaria, histórica e antropolóxica centrados en Galicia. Actualmente, as súas liñas de traballo xiran arredor da lingüÃstica aplicada, a literatura medieval, a recuperación de publicacións literarias ou a identidade colectiva desde o punto de vista antropolóxico. Desde a súa fundación, hai 26 anos, pasaron máis de 500 investigadores ou bolseiros que formaron parte dos diferentes proxectos de investigación impulsados desde o centro.
Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia, no marco da súa aposta pola formación e excelencia, vén ofertando nos últimos anos un amplo abano de programas formativos en todas as súas áreas. AsÃ, no caso da ConsellerÃa de Cultura e Turismo convócanse anualmente máis dun cento de prazas que permiten ampliar a formación e coñecementos nos ámbitos culturais e turÃsticos con estadÃas en bibliotecas, arquivos, oficinas de turismo ou universidades, entre outras.