Inicio Galicia O Goberno galego convoca 100 novas bolsas para contratos predoutorais de persoal...

O Goberno galego convoca 100 novas bolsas para contratos predoutorais de persoal investigador, ás que destina 8,1M?

0

O obxectivo desta convocatoria conxunta entre as consellerías de Educación e de Economía é garantir a formación inicial dos investigadores galegos no Sistema Universitario de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i ao longo de tres anos


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria (a través da Axencia Galega de Innovación, GAIN) veñen de convocar 100 novas bolsas de contratos predoutorais co fin de garantir a formación inicial dos investigadores galegos no Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i cunha duración de tres anos. A convocatoria -á que este ano se destinan 8.129.100 euros- pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

O obxectivo deste programa, que se vén desenvolvemento desde o ano 2012, é a formación do persoal investigador desde etapas iniciais (preparación da tese doutoral), partindo da base de que, mediante procesos formativos estables, adquirirán as habilidades propias do persoal investigador. En concreto, na actualidade hai 257 predoutorais realizando os seus traballos de investigación na nosa Comunidade grazas a esta liña de apoio da Xunta de Galicia.

A contía global desta convocatoria supón un incremento de case o 7,5% con respecto a este ano, que se traduce tamén nun aumento da contía anual dos contratos para os vindeiros tres anos. Así, os beneficiarios da modalidade A obterán unha bolsa de 25.000 €/ano fronte aos 23.500 do ano 2019, mentres que os da Modalidade B obterán 22.900 €/ano fronte aos 20.500 actuais. Ademais dos contratos, as bolsas abranguen o financiamento de estadías de tres meses no estranxeiro e un complemento anual para gastos e seguros.

Beneficiarios e modalidadesA convocatoria vai destinada ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros; e divídese en dúas modalidades.

Na modalidade A as axudas están enfocadas a potenciar as traxectorias de investigación vinculadas ás áreas estratéxicas segundo os obxectivos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3, para mellorar a competitividade, o crecemento económico e o emprego sustentable a través da innovación, e que orientarán as políticas de cohesión da Unión Europea para o período 2014-2020. A previsión é financiar 57 contratos predoutorais nesta modalidade e o importe máximo de cada axuda ascenderá a 25.000 euros anuais.

Pola súa parte, a modalidade B busca garantir a representación de todas as ramas do coñecemento, establecendo un número de prazas para aquelas áreas que se atopan con máis dificultades de encaixe directo nos sectores produtivos, pero que resultan fundamentais para o crecemento sustentable dunha economía baseada no coñecemento. Deste xeito, garántese un mínimo de 10 axudas no ámbito das universidades para Artes e Humanidades, e outras 10 para Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que o número de solicitudes o permita. Nesta categoría beneficiaranse un total de 43 investigadores que preparan a tese e o importe máximo de cada axuda será de 22.900 euros anuais.

Estadías no estranxeiroAdemais, ambas as dúas convocatorias inclúen estadías de tres meses de duración no estranxeiro cun importe máximo de 6.000 euros, en función do destino. Deste xeito, se o científico escolle Portugal ou Andorra recibirá 2.000 euros; se realiza a súa estancia en Europa (salvo os dous países anteriores), África ou América (agás Estados Unidos e Canadá) terá á súa disposición 4.000 euros; e se o destino é Estados Unidos, Canadá, Asia ou Oceanía, a achega será de 6.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre