Inicio Galicia O Goberno galego celebra que os instrumentos de ordenación urbanística provisionais, creados...

O Goberno galego celebra que os instrumentos de ordenación urbanística provisionais, creados por lei autonómica, ofrezan solucións aos concellos con planeamentos anulados por sentenza, como o de Vigo

0

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo recorda que como o seu propio nome indica son medidas temporais para o desenvolvemento de determinados ámbitos municipais, que só poderán ser aprobados se están acompasados da tramitación formal dun novo plan xeral


A Xunta de Galicia traslada a súa satisfacción polo feito de que os concellos galegos recorran aos instrumentos de ordenación urbanística provisional -creados por lei autonómica- como unha solución aos seus planeamentos municipais anulados por sentenza.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantiveron unha reunión esta mañá para analizar a situación concreta do Concello de Vigo, un dos principais beneficiarios das ordenacións provisionais aprobadas polo Parlamento galego a proposta da Xunta de Galicia, tras coñecerse a anulación do seu PXOM por parte do Tribunal Supremo en novembro de 2015.

Recordou que nunha primeira instancia traballouse na aprobación da Lei 3/2016, de 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, para aportar unha solución a proxectos de especial interese levados a cabo polas administracións, como a ampliación da Zona Franca ou a ampliación de Ifevi ou a estación intermodal.

Leer más:  Muere un peregrino en Portomarín (Lugo)

O seguinte paso foi a aprobación da Lei de medidas provisionais de ordenación urbanística, unha solución legal e amparada xuridicamente para permitir que determinadas zonas da cidade poidan seguir evolucionando, polo que esta ordenación provisional garantiría o desenvolvemento económico das iniciativas dos pequenos empresarios e dos particulares.

Non obstante, a directora xeral aclarou que “tal e como indica o seu nome” estamos ante un instrumento provisional ou temporal, que na súa propia natureza sinálase que a súa aprobación non pode producirse antes que o concello contrate o novo plan xeral de ordenación municipal, que ao cabo dun ano se presente un borrador, no ano seguinte se acade a aprobación inicial e ano e medio despois se aprobe provisionalmente e se remita á Xunta; é dicir, que se blinda un prazo de tres anos e medio para garantir que dita medida sexa un instrumento provisional ou temporal e non se converta nunha medida definitiva .

Neste sentido, solicitou vontade política ao Concello de Vigo para avanzar na elaboración do plan xeral de ordenación municipal e poder desenvolver dita ordenación provisional en solo urbano e núcleos rurais e -nunha segunda fase- ao ámbito de Recarei, tal e como ten iniciado o propio Concello de Vigo.

Leer más:  Se desató un incendio forestal en Entrimo (Ourense)

Rivas Díaz salientou que o urbanismo é unha competencia municipal e o instrumento que teñen os concellos para o desenvolvemento con seguridade e garantías é o propio plan xeral de ordenación municipal.

Sinalou que a Xunta ten dado mostras da vontade de colaboración cos concellos galegos para dotalos de plan xeral adaptado á lei do solo, e especialmente no caso de Vigo; xestos que se resumen no convenio de colaboración asinado para financiar o 50% do custe da redacción dun plan xeral de ordenación municipal. Recordou que -tal e como recolle a norma de financiamento aplicable aos convenios para a redacción de planeamento das grandes cidades, con poboación superior a 50.000 habitantes-, establece una porcentaxe para a colaboración económica por parte da Xunta, dun 50% do orzamento de adxudicación. 


- Te recomendamos -