Inicio Galicia O GDR da zona de Pontevedra organiza unha campaña de promoción da...

O GDR da zona de Pontevedra organiza unha campaña de promoción da IXP Ribeiras do Morrazo con axuda de Medio Rural

0

Esta promoción enmárcase nun proxecto non produtivo do Grupo de Desenvolvemento Rural 15, que contará cunha axuda superior aos 35.000 euros

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), subvenciona unhas xornadas organizadas polo Grupo de Desenvolvemento Rural 15 Pontevedra-Morrazo para informar e difundir as características dos viños producidos pola Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo, co fin de ampliar a base territorial deste selo de calidade ao sumar novos viticultores e adegueiros.

Precisamente hoxe en Pontevedra se celebraba unha das reunións informativas, presidida polo director xeral de Agader, Miguel Pérez Dubois, na que se deu conta da situación actual da indicación xeográfica protexida. Así, a superficie produtora de uvas para esta IXP está entre as 1.000 e 1.500 hectáreas nos concellos de Bueu, Cangas, Moaña, Marín, Vilaboa, Pontevedra, Poio e Redondela. Nesta zona hai 25.414 viticultores que contan con algo máis de 73.000 parcelas de viñedo.

Para a elaboración destes viños a variedade de uva máis representativa é a de albariño, pero tamén son admisibles as variedades brancas caíño branco, godello, loureira, treixadura, branco lexítimo e torrontés; mentres que no caso das tintas son brancellao, caíño tinto, pedral, espadeiro, loureiro tinto, mencía e sousón.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

O director xeral destacou a iniciativa deste grupo de desenvolvemento rural, que contará cunha axuda superior aos 35.000 euros, pois contribúe a valorizar as potencialidades da zona ao informar sobre os recursos e iniciativas xeran riqueza no rural. A vindeira xornada terá lugar o martes 28 de agosto en Vilaboa e haberá un servizo permanente de información no local social do Pincho ( todos os xoves (no horario de 9:00 h a 11:00h).

Obxectivos LeaderEntre os principais obxectivos do programa Leader para o período 2014-2020 son o de mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural e dotar servizos á poboación das zonas rurais, favorecendo a mellora do seu nivel de vida, a inclusión social e a redución da pobreza.

Con estes investimentos tamén se persegue favorecer a ocupación sustentable do territorio, prestando atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, como as mulleres, os mozos/as, as persoas con discapacidade, as persoas maiores, etc., así como garantir que a actividade no medio rural sexa sustentable, mediante un coidado e utilización adecuada dos recursos naturais. 

Leer más:  El mal tiempo decanta la balanza hacia planes a cubierto, con plazas agotadas en Meirás y Catedral de Santiago

- Te recomendamos -