Inicio Galicia O futuro Plan estratéxico de turismo rural de Galicia completa en Mos...

O futuro Plan estratéxico de turismo rural de Galicia completa en Mos unha primeira fase de mesas de traballo para o seu deseño

0

Tras celebrarse desde a semana pasada nas provincias de Ourense, Lugo e A Coruña, as sesións chegaron onte á provincia de Pontevedra

Cumprindo coa Estratexia do turismo de Galicia 2020 e tras a adxudicación da elaboración do Plan Estratéxico do Turismo Rural de Galicia, a Xunta continúa esta semana nas provincias de A Coruña e Pontevedra o traballo de campo para avanzar no deseño deste novo documento. A intención é fixar as liñas, retos e oportunidades futuros dun segmento turístico en alza que acumula catro anos consecutivos de crecemento de demanda permitíndolle marcar en 2017 un máximo histórico con preto de 450.000 noites e 200.000 viaxeiros.

Despois de celebrar as primeiras sesións a semana pasada nas provincias de Ourense e Lugo, o xeodestino de Deza-Tabeirós acolleu onte a súa respectiva xornada de traballo e hoxe foron os profesionais e entidades locais do xeodestino Rías Baixas os que mantiveron sendas sesións de traballo en Pontevedra e Mos. Concretamente, a esta última asistiu o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quen puxo de relevo o bo comportamento da demanda hoteleira no destino Ría de Vigo e Baixo Miño.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

Neste senso, o representante autonómico sinalou que desde o 2014 “obsérvanse unha tendencia positiva na demanda hoteleira” no xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. “Os datos referendan que o sector turístico continúa a medrar a bo ritmo, avanzando de xeito sostido”, engadiu López-Chaves. Unha afirmación que quedou patente trala mesa de traballo.

Así, durante a xornada puidéronse obter datos cualitativos e cuantitativos sobre este xeodestino que inclúe a cidade de Vigo e que é un dos destinos turísticos de Galicia de maior volume e peso desde o punto de vista da demanda hoteleira, co 14,7% o ano pasado. Da man dos axentes implicados coñecéronse cuestións como os servizos que ofrece, a mobilidade, a necesidade de dotación de infraestruturas, a situación de acceso a internet, a oferta enogastronómica e de actividades complementarias, así como o peso dos establecementos rurais, entre outros temas.

Enquisas e entrevistasDurante este mes de abril, en total, programáronse 15 sesións de traballo por boa parte da xeografía galega para levar a cabo un labor participativo de escoita activa ao sector. Xunto a este traballo de campo, estas primeiras fases de elaboración do Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia realizaranse enquisas aos establecementos de turismo rural, así como entrevistas individuais e presenciais. Tamén se recompilará a opinión de expertos e especialistas do sector académico, persoal das denominacións de orixe de alimentos e consellos reguladores do viño, así como representantes de asociacións de turismo rural, turismo activo, gastronómicas, de enoturismo, Rutas do Viño e rutas BTT. 

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -