Inicio Galicia O Festival Portamérica xera un impacto de máis de 1,3 millóns de...

O Festival Portamérica xera un impacto de máis de 1,3 millóns de euros en Caldas de Reis e toda a comarca

0

O retorno do investimento da Xunta neste evento a través da liña de subvencións da Agadic a festivais de música sitúase entre os 38,6 e os 47,9 € por cada euro


PortAmérica xerou máis de 1,3 millóns de euros de impacto económico en Caldas de Reis e a súa comarca, así como unha valoración xeral de 8,1 sobre 10 por parte do público que asistiu á súa sétima edición entre o 5 e o 7 de xullo. Estes son algúns dos datos recollidos no informe de avaliación da repercusión económica, social e mediática do encontro, elaborado ao abeiro da marca FEST Galicia, iniciativa da Xunta para promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade, sostibilidade e responsabilidade social.

Un equipo de traballo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), foi o encargado da realización deste estudo, que presentaron hoxe na Casa das Campás Jacobo Sutil, director da Agadic; Kin Martínez, director de EsmerArte, empresa organizadora de PortAmérica; e Fran Núñez, codirector deste traballo, no que se manexaron tanto os datos obtidos a partir de 1.717 enquisas directas a asistentes como as cifras facilitadas polo propio festival.

Leer más:  Burela (Lugo) estará presente en 'El Grand Prix del Verano' 2024 junto con otras 13 localidades españolas

Nos seus tres días de celebración, a carballeira de Caldas rexistrou unha ocupación media superior ao 91% e máis de 23.000 visitas, das que un 8% procedían de fóra de Galicia. En canto ao retorno económico de 1,3 millóns de euros na comarca, esta cifra ten en conta a suma dos impactos directo, indirecto e inducido. Así mesmo, o gasto medio por persoa e día estímase –sen incluír transporte– nuns 50 euros, do que un 20% repercute directamente na área de influencia de PortAmérica.

Retorno do investimento públicoJacobo Sutil fixo fincapé nas destacadas marxes de retorno deste impacto económico, que se sitúan entre 1,65 e 2,08 euros por cada euro investido polo festival. Explicou, ademais, que estas cifras increméntase no caso da achega da Xunta a través das subvencións da Agadic a festivais profesionais de música, situándose entre 38,6 e 47,92 euros por cada euro dos preto de 40.000 adxudicados a PortAmérica. Nas súas palabras, este dato é especialmente relevante, xa que reflicte unha “excelente optimización do investimento público”.

Para o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, tamén resulta relevante analizar o perfil de asistente máis común (muller, de entre 25 a 34 anos), que entronca co traballo que, tanto FEST Galicia como a organización do festival, veñen desenvolvendo a prol dunha programación con perspectiva de xénero e da incorporación de mulleres nos postos de responsabilidade e técnicos.

Leer más:  Stellantis Vigo ve difícil superar la producción de 2023 y espera que el Perte se resuelva a final de mes

A moi positiva valoración do público, que lle outorga a esta sétima edición unha nota de 8,1 sobre 10, é outro dos datos salientables deste informe. Así, na puntuación dos servizos superan o 8,5 a súa localización e integración na contorna, o trato do persoal, a sensación de seguridade ou o sistema de compra de entradas. Estas elevadas notas esténdese tamén aos intanxibles e ao impacto social: mellora o coñecemento da localidade (9,12) e a súa imaxe (8,62), atrae turismo (8,82) e xera impacto económico (8,96) e orgullo local (8,49).

Na presentación tamén se explicou o exhaustivo e rigoroso sistema de medición empregado: Avaliación 360º, unha metodoloxía pioneira e orixinal, que Fran Núñez desenvolveu na súa tese de doutoramento e que se explica nun manual editado este mesmo ano pola Agadic. Xunto co PortAmérica, empregarase tamén para medir o impacto doutros catro festivais dos 10 adheridos este ano a FEST Galicia: Sinsal, Resurrection Fest, SonRías Baixas e Revenidas.

En PortAmérica, o grupo de traballo da USC formou parte do equipo de FEST Galicia desprazado á carballeira de Caldas, onde a marca contou cun stand propio desde o que se difundiron diferentes campañas de concienciación en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, a Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dando así conta da transversalidade desta iniciativa da Xunta.

Leer más:  Un hombre de 80 años fallece por ahogamiento en la playa de Caldebarcos, en Carnota (A Coruña)

Medidas a medio prazoComo adiantou Sutil, a elaboración deste informe é o punto de partida para o deseño de novas medidas que redunden nos valores que FEST Galicia promove, como é o caso da redacción dun manual de boas prácticas para os eventos asociados, que abranguerá os ámbitos legal, medioambiental, laboral etc.

En estreita relación con esta medida, a medio prazo desenvolverase un selo distintivo que recoñeza e lles dea visibilidade aos festivais musicais galegos organizados con criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade. Así mesmo, será de moita utilidade no inicio dos traballos cara á elaboración dun plan estratéxico para este importante sector musical, de novo en colaboración directa cos seus representantes. 


- Te recomendamos -