Inicio Galicia O festival Música no Claustro regresa cun cartel de reencontros coa música...

O festival Música no Claustro regresa cun cartel de reencontros coa música e o patrimonio na catedral de Tui

0

Durante sete días, o festival programa concertos gratuítos con recoñecidos artistas e novas promesas chegados de África, Centro Europa, Latinoamérica, Galicia e outros puntos de España

Música no claustro regresa á catedral de Tui e faino coa edición de maior envergadura e internacionalidade do festival, deseñado e coordinado por Samuel Diz. Durante sete días, do sábado 4 ao venres 10 de agosto, a programación ofrecerá, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, reencontros coa música, co patrimonio e coa creación, aos que se suma o concerto de presentación realizado o pasado 14 de xuño no Museo Nacional de Escultura.

Esta edición con dobre sede, que foi presentada hoxe en rolda de prensa, pon a atención no nome propio de Diego de Avellaneda, bispo de Tui durante preto dunha década no século XVI e arredor do que se articula un programa narrativo de catro concertos de primeiro nivel con músicas renacentistas, barrocas, contemporáneas e jazz, aos que se engaden un obradoiro e unha conferencia de imaxinería castelá, sete percorridos arquitecto?nicos nocturnos e a conversa inaugural o sábado 4 de agosto con Mari?a Bolan?os, directora do Museo Nacional de Escultura, seguido do concerto de Álterum Cor.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

Música en diálogo co patrimonioAsí, segundo afirmou na presentación o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “Música no claustro continúa a medrar e a innovar con cada edición, cun programa musical en diálogo co patrimonio que reforza a calidade da axenda cultural galega no verán”. “O festival –engadiu–pon en valor a riqueza do patrimonio histórico da catedral de Tui, ao tempo que permite gozar dunha programación musical aberta a todos os públicos e que se converte nun importante reclamo para visitar un municipio que conta cun valioso legado cultural”.

A programación de Música no claustro complétase con catro concertos de música de calmara, jazz, blues e soul, que inclúen a presentación do novo disco de Eva Ferna?ndez, o debut en Galicia da cantante africana Tina Masawi, a música de cámara do Kebyart Ensemble ou o renovado ciclo de novos inte?rpretes dedicado a estudantes galegos, co percusionista Carlos Puga, a violoncellista Julia Caro, a acordeonista Noelia González e o quinteto de metais EntreRías. Mentres, Yolanda Castan?o será a encargada de achegarlle ao festival a palabra poética galega contemporánea.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

Concertos e percorridos nocturnos pola catedralO sábado 4 de agosto, na primeira xornada do festival no seu espazo habitual da catedral de Tui, o público descubrirá a intrahistoria do sepulcro de Diego de Avellaneda e a súa chegada ao Museo Nacional de Escultura con María Bolaños, directora do Museo Nacional de Escultura. Unha conversa amena e pedagóxica seguida do concerto de polifonía sacra do Renacemento europeo As músicas na época de Diego de Avellaneda, do Álterum Cor, formación coral residente do propio museo.

O domingo 5 de agosto será a estrea do novo proxecto musical 13 cancións bonitas, do zanfonista Germán Díaz e o oboísta Benxamín Otero. Os catro concertos deste programa narrativo #DiegodeAvellaneda complétanse o martes 7 de agosto coa presentación do disco Pajarillos fugitivos, do cantante e laudista arxentino Jonatan Alvarado.

Froito do carácter interdisciplinar do festival, o artesán Miguel Ángel Tapia trasladará o seu obradoiro, desde Valladolid ao claustro gótico da Catedral de Tui, para impartir un curso de imaxinería castelá, que nace da colaboración entre a Fundación Pública Artesanía de Galicia e Cearcal e o Centro Regional de Artesanía de Castela e León. Ademais do obradoiro, que xa ten as prazas cubertas, o martes 7 de agosto ás 20:15 horas, Tapia impartirá unha conferencia de acceso libre.

Leer más:  Alerta amarilla en toda la costa gallega este viernes por oleaje

A programación de Música no claustro complétase cos tradicionais percorridos nocturnos pola catedral despois de cada concerto, da man do historiador tudense Suso Vila, que achegarán o legado arquitectónico e obxectos persoais de Diego de Avellaneda. A capacidade é de 20 persoas por noite, con inscrición previa en [email protected] novidade nesta décimo terceira edición e no marco do compromiso social do festival, o programa #DiegodeAvellaneda complétase coa actividade Caricias en braille, en colaboración coa ONCE, que constitúe unha experiencia única de vivir a escultura da catedral de Tui a través do tacto, adaptada a persoas con discapacidade visual.


- Te recomendamos -