Inicio Galicia O Festival Musgo enche Ourense de música a través do programa ?O...

O Festival Musgo enche Ourense de música a través do programa ?O teu Xacobeo? da Xunta

0

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, asistiu a unha das actividades deste evento musical, gratuíto e para todo os públicos, que conta con 8 concertos

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, visitou hoxe o Festival Musgo, o evento posto en marcha ao abeiro de O teu Xacobeo, o programa da Xunta de Galicia co obxectivo de implicar a cidadanía na programación do vindeiro Ano Santo. Trátase dunha cita que enche de música a cidade de Ourense a través de oito concertos de música de balde que se celebran ao longo de todo o día.

Tras o inicio da programación cunha sesión vermú en el Pueblo Café Cultural, que incluíu os concertos de Yana Zafiro e Blanco Palamera, as actividades continúan pola tarde, cando o Festival trasladarase ao escenario da Praza Saco e Arce cos concertos de seis bandas emerxentes da escena independente, con presenza de artistas galegos, nacionais e internacionais. Subiranse ao escenario Lince (17,00 horas), Ladrillo y Mujer (18,00 h.), Mourn (19,00 h.), Baiuca (20,40 h.), Whales (22,20 h.) e AK/DK (23,45 h.).

Musgo complétase con actividades paralelas como una ruta guiada que percorre un tramo do Camiño ao seu paso por Ourense, visibilizando a Vía da Prata, e actividades especialmente pensadas para os máis pequenos, así como unha campaña en torno ao reciclaxe.

Na provincia de Ourense, O teu Xacobeo está a impulsar 33 iniciativas de dinamización en diversos concellos da provincia de Ourense. Os proxectos supoñen un investimento de máis de 350.000 euros por parte da Xunta de Galicia e permiten mobilizar preto de 615.000 euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre