Inicio Galicia O FalaRedes leva as propostas de Pakolas e Matrioshka Teatro a seis...

O FalaRedes leva as propostas de Pakolas e Matrioshka Teatro a seis concellos na fin de semana

0

‘Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos’ e ‘EnReDando con PakoLas’ fará parada desde mañá en Boiro, Noia, O Carballiño, Aranga, Melón e Santa Comba

A sétima edición do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’, que chega aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta da man da Secretaría Xeral de Política Lingúística, leva as propostas ‘Enredando con Pakolas’ (de Paco Cerceira, Pakolas) e ‘Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos’ (de Matrioshka Teatro) a seis concellos durante a fin de semana. Coma sempre, a entrada ás actividades é libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados.

Toda a información sobre esta edición está xa dispoñible no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal/falaredes, nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.’Enredando con Pakolas»FalaRedes’ botou a andar o pasado mes de abril cunha actividade musical dirixida a cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias. Un concerto en que os protagonistas son os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando, para coñecer as historias de Baldomero o mero, do parrulo McPac, do rato de Xaquín… e de moitos outros animais da man do músico infantil Pakolas, Paco Cerdeira, que presenta neste concerto o seu primeiro traballo en solitario, tras o seu paso polas formacións Mamá Cabra e Gramola Gominola, da que é fundador e integrante.

Poderase gozar mañá, venres, en Aranga (no Campo da festa de Ponte-Aranga, ás 12:00 horas); o sábado en Melón (no Edificio Multiúsos do Cruceiro Gordo, ás 11:00 horas); e o domingo en Santa Comba (no salón do Edificio Multiúsos, ás 18:00 horas).

Logo do seu paso por Arbo, O Grove, Mos, O Vicedo, Barro e Foz, ‘Enredando con Pakolas’ completará ata finais de mes unha xira por 15 concellos da RDL para mover o esqueleto, para aprender e para rockear en familia e en galego.’Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos’A segunda actividade do programa FalaRedes 2018, sen deixar de servir aos obxectivos de promoción do galego que guían desde sempre este programa de dinamización lingüística, constitúe tamén unha homenaxe á autora a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: María Victoria Moreno. En abril e maio, a peza teatral ‘Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos’, un percorrido pola vida e a obra da escritora, que se definía a si mesma coas palabras que lle dan título á obra, dirixida a todos os públicos a partir dos 14 anos, chegará a 9 concellos da RDL no marco do ‘FalaRedes’.

Tras seu paso por Sanxenxo (cunha función especial de estrea para o alumnado do instituto de Vilalonga por ser este un dos centros onde impartiu docencia María Victoria Moreno, docente apaixonada co seu traballo e co seu alumnado e escritora de literatura infantil e xuvenil, e mais outro en aberto), Xinzo de Limia, Vilagarcía de Arousa, Boqueixón, Valga e Viveiro, poderase gozar mañá, venres, en Boiro (na Casa da Cultura Ramón Martínez López, ás 21:00 horas); o sábado en Noia (no Teatro Coliseo Noela, ás 21:00 horas); e o domingo no Carballiño (no Auditorio Municipal, ás 18:00 horas).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre