Inicio Galicia O expediente de conversión en autovía do corredor entre A Pobra de...

O expediente de conversión en autovía do corredor entre A Pobra de San Xiao e Sarria superou o trámite de información pública

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que o DOG publica hoxe a aprobación, que eleva o trazado a definitivo, e avanzou que xa está redactado o proxecto construtivo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación do expediente de información pública e a aprobación definitiva do proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria no treito entre A Pobra de San Xiao e o enlace de Sarria centro (entre os puntos quilométricos 13,500 e 24,000).

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), someteu a información pública tanto o proxecto como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente. Unha vez valoradas as alegacións presentadas, mantense o trazado como definitivo. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou que paralelamente a AXI traballou na redacción do proxecto construtivo, que xa está elaborado.

A Xunta prevé un investimento de 23 millóns de euros neste treito, no que se revelou máis necesaria esta actuación dado que conta cunha orografía complicada, con pendentes pronunciadas que reducen a velocidade dos vehículos e diminúen considerablemente as posibilidades de adiantamento.

Ademais, os datos de incremento de tráfico neste percorrido reflicten taxas anuais de crecemento en 2016 e 2017 cinco veces maior que no conxunto da rede autonómica de estradas. A autovía permitirá non só facer o percorrido máis rápido, senón tamén dun xeito máis seguro e con maior confort xa que conta cunha velocidade de proxecto de 120 km/h.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre