Inicio Galicia O Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 estima que en Galicia estaría...

O Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 estima que en Galicia estaría inmunizada o 1,15% da poboación

0

A Consellería de Sanidade presentou esta mañá os resultados da primeira onda do Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 na que participaron 44.832 persoas

Arredor de 30.000 persoas están inmunizadas fronte ao COVID-19 en Galicia, o que supón un 1,15% da poboación. Estas son algunhas das conclusións do Estudo de seroprevalencia fronte ao COVID-19 que está realizando o Sergas e que se presentou esta mañá en rolda de prensa.

Da base de datos de tarxeta sanitaria, por mostraxe aleatoria simple, seleccionouse unha mostra, estratificada en seis estratos, definidos polo sexo e os tres grupos de idade de 0 a 18, de 19 a 64 e 65 a máis anos, para cada un dos sete concellos con maior poboación de Galicia e para outras 38 comarcas ou agrupacións de comarcas. En total son 45 mostras independentes.

Polo de agora levouse a cabo a primeira das fases do estudo. Para realizala, contactouse con 61.836 persoas seleccionadas de xeito aleatorio polo Instituto Galego de Estatística, das que 44.832, o 72,5%, realizaron o test. Delas, 385 deron resultado positivo.

Por territorios, a provincia coa maior prevalencia, é dicir, a proporción de xente que sería positiva dado o resultado da proba, é Ourense. Os datos indican que o 1,88% da poboación da provincia, isto é 5.609 persoas, estarían inmunizadas. En Ourense realizáronse un total de 6.983 probas, das que 94 arroxaron resultados positivos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre