Inicio Galicia O Espazo Xove de Lalín acolle a primeira exposición de fotografías de...

O Espazo Xove de Lalín acolle a primeira exposición de fotografías de Jesús Pimentel, mozo venezolano afincado neste municipio

0

Cristina Pichel destacou a creatividade e o talento da mocidade galega

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta mañá no Espazo Xove de Lalín á presentación da exposición fotográfica Espazos 2020 da que é autor Jesús Pimentel Fernández. Acompañaron á directora xeral neste acto a tenente de alcalde de Lalín, Paz Pérez, e o concelleiro de Xuventude, Avelino Souto.

Esta colección forma parte da primeira mostra deste novel artista de orixe venezolana afincado neste municipio pontevedrés. Pimentel formouse de xeito autodidacta e experimentou en diferentes ramas artísticas desde a escultura, debuxo, música e escritura.

Cristina Pichel destacou a creatividade e talento da mocidade galega, que queda reflectida en concursos como Xuventude Crea, os premios Talento Mozo Galicia ou en accións máis puntuais como esta exposición, que busca dar visibilidade á valía da xuventude en espazos pensados e creados para ela, como é o Espazo Xove Lalín.

A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 6 de maio e poderase visitar en horario de apertura do Espazo Xove: de 9,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre