Inicio Galicia O Espazo Xove de Carballo celebra unha das competicións do primeiro torneo...

O Espazo Xove de Carballo celebra unha das competicións do primeiro torneo autonómico de League of Legends

0

Nesta fase participan catro equipos formados por cinco persoas cada un

O Espazo Xove de Cabrallo celebra hoxe unha das semifinais dentro do torneo autonómico do videoxogo League of Legends (LOL). A Xunta de Galicia procura con esta iniciativa promover o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acudiu a esta fase do campionato na que participan catro equipos formados por cinco persoas cada un. O Goberno galego puxo en marcha este proxecto pioneiro en Galicia, que está destinado a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos e se está a celebrar nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación da xuventude da zona e da contorna próxima.

Deste torneo clasificaranse para a final dous dos catro equipos participantes. Cómpre sinalar que cada equipo está conformado por cinco persoas, das cales unha exerce como capitana. Ademais, antes do inicio de cada unha das competicións organizase unha dinámica formativa centrada no coñecemento e uso responsable dos videoxogos.

Así mesmo, este mesmo venres tivo lugar a competición no Espazo Xove de Ourense que, xunto ao de Carballo, se suman ás fases xa disputadas en Lalín, Noia, Vilagarcía, Viveiro, Vilalba, Chantada, Betanzos e Pontedeume. O vindeiro fin de semana será a quenda de Tui e Curtis, coa que se finaliza esta primeira fase do torneo.  Fase finalTras esta fase inicial nos diferentes Espazos Xove, os 16 equipos clasificados participarán nunha competición final, cuxa data e lugar de celebración será determinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. En todo caso, esta última fase terá lugar en fin de semana e os gastos de manutención e aloxamento correrán a cargo da Xunta de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre