Inicio Galicia O equipo de xuvenís do Celta de Vigo recibiu tarxetas simbólicas de...

O equipo de xuvenís do Celta de Vigo recibiu tarxetas simbólicas de doadores de órganos para sensibilizar á cidadanía da importancia da doazón

0

Nun evento que contou coa presenza da directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García, e coa colaboración de Adrovi e a Fundación Celta de Vigo


A cidade deportiva da Madroa acolleu hoxe pola tarde o acto de entrega, aos xuvenís do Celta CF, na actualidade na liga nacional da súa categoría, dunha tarxeta de doadores simbólica para sensibilizar á cidadanía e dar visibilidade, co seu exemplo, da importancia da doazón.

O evento, realizado en colaboración coa Fundación Celta de Vigo, contou coa presenza da directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López García, organismo dependente da Consellería de Sanidade, así como de Carlos Sánchez Montes, deportista de elite trasplantado e vicepresidente 2º de Deporte e Trasplante España, á vez que colaborador da Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo (Adrovi), cuxo presidente Celso García, tamén asistiu ao acto.

Destacar, así mesmo, a presenza na entrega dos carnés do coordinador das categorías inferiores do Celta, Michel Martínez, e o corpo técnico do xuvenil nacional.

Remarcar, igualmente, que en datas previas ao acto de hoxe, Carlos Sánchez impartiu unha charla informativa sobre doazón, que resultou ser a orixe da petición das tarxetas.8.000 trasplantesCómpre sinalar que, o pasado mes de marzo, levouse a cabo na nosa comunidade o transplante de órganos número 8.000, cifra acumulada desde o ano 1981, data da primeira intervención cirúrxica de transplante nos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde.

No caso de Galicia, a cifra de intervencións cirúrxicas de transplante ten experimentado unha crecente evolución no transcurso dos últimos anos e que se reflicte nos 8.000 transplantes que supuxeron unha segunda oportunidade de vida para outros tantos doentes.  Transplantes de órganos

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre