Inicio Galicia O embaixador de España ante a Unesco apoia as candidaturas a Patrimonio...

O embaixador de España ante a Unesco apoia as candidaturas a Patrimonio Mundial de Cíes-Illas Atlánticas e Ribeira Sacra

0

O conselleiro Román Rodríguez mantén unha reunión con Juan Andrés Perelló Rodríguez en París


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo este venres en París unha reunión co embaixador delegado permanente de España ante a UNESCO, Juan Andrés Perelló Rodríguez, quen lle trasladou a súa colaboración e apoio ás candidaturas a Patrimonio Mundial nas que está a traballar Galicia, nomeadamente Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas e Ribeira Sacra. Durante a xuntanza tamén estivo presente a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua.

Cómpre lembrar que o pasado marzo, o conselleiro xa mantivo unha xuntanza coa directora do Centro do Patrimonio Mundial, Mechtild Rössler, quen lle certificou o rexistro de Cíes-Illas Atlánticas na UNESCO. Isto foi posible porque en outubro de 2017, o Consejo de Patrimonio Histórico Español xa aprobou a inclusión desta candidatura na Lista indicativa.

Neste momentos, Cíes-Illas Atlánticas continúa avanzando no seu camiño para converterse Patrimonio da Humanidade. En concreto, desde a Consellería de Cultura e Turismo –en colaboración coa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda– asinarase un convenio de colaboración coas tres universidades galegas para elaborar o formulario da candidatura, no marco do proceso de suma de apoios iniciado ao redor da mesma.

Leer más:  Galicia se prepara para una Semana Santa con un 80% de ocupación y con la mirada puesta en el cielo

Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas naceu desde o primeiro momento coa vontade de sumar entre todos os territorios implicados e así poder construír, desde o consenso, unha candidatura forte como país. De feito, esta candidatura presenta catro calidades vantaxosas para lograr a declaración de Patrimonio Mundial. Para comezar, o seu acreditado valor universal excepcional polo riquísimo patrimonio natural e cultural que albergan os arquipélagos de Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora. Tamén, a súa integridade territorial, os niveis de protección específicos dos que a dispón e, por último, a existencia dunha unidade de xestión.

Ribeira SacraPola súa banda, Juan Andrés Perelló Rodríguez tamén se interesou pola candidatura da Ribeira Sacra, cuxa previsión é presentala ante o Consejo de Patrimonio Histórico Español en marzo de 2019. Neste encontro decidirase o ano no que competirá a proposta, tendo en conta que o Ministerio, dentro de todas as candidaturas presentadas polas diferentes comunidades autónomas, só pode elevar unha cada ano ao Centro de Patrimonio Mundial da UNESCO.

Actualmente estase ultimando o expediente de declaración BIC, na categoría de Paisaxe Cultural, da Ribeira Sacra, un paso indispensable para promover a candidatura a Patrimonio Mundial. Neste sentido, cómpre resaltar que estes dous futuros recoñecementos suporán unha oportunidade histórica tanto para o desenvolvemento sostible da zona, como para reforzar o seu potencial turístico desde o punto de vista natural, cultural e mesmo enolóxico, o que o converterá nun destino único e singular que promoverá a dinamización económica da zona.

Leer más:  La Policía Local de Ames (A Coruña) está buscando a un conductor que huyó después de atropellar a un niño

- Te recomendamos -