Inicio Galicia O edificio da Xunta en Benito Corbal acollerá a sede da futura...

O edificio da Xunta en Benito Corbal acollerá a sede da futura Fundación Manolo Moldes

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciaron hoxe que a obra deste artista pontevedrés estará ubicada na oitava planta

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciaron hoxe que o edificio da Xunta en Benito Corbal acollerá a sede da futura Fundación Manolo Moldes. Ubicarase na oitava planta, cuxo proxecto de acondicionamento xa está en elaboración.

Deste xeito, continúase dotando de contido a este edificio en beneficio dos veciños da cidade. Ao mesmo tempo, recoñécese e ponse en valor a relevancia de Manolo Moldes e a súa obra, un referente artístico e académico.

O novo e reformado edificio de Benito Corbal inaugurouse o mes pasado. Grazas a un orzamento total de preto de 5 millóns de euros, púxose en marcha unha infraestrutura que levará ao centro da cidade oficinas de emprego, así como espazo para asociacións e para a Universidade de Vigo. Agora, os seus servizos complétanse coa vertente cultural da oitava planta.

Esta reforma forma parte dun compromiso máis amplo da Xunta coa cidade de Pontevedra, onde se están rematando os novos edificios xudiciais da Parda, cun orzamento duns 20 millóns de euros; a rehabilitación da Ponte da Barca; a estación intermodal de Pontevedra, ou o Gran Montecelo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre