Inicio Galicia O DOG publica os beneficiarios de 2019 das axudas para apoiar investimentos...

O DOG publica os beneficiarios de 2019 das axudas para apoiar investimentos nas explotacións agrícolas de produción vexetal

0

En total outorgáronse máis de 320.000 euros a 19 viveiros, sociedades e particulares


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas as axudas concedidas na convocatoria de 2019 para o apoio de investimentos nas explotacións agrícolas de produción vexetal. En total outorgáronse 320.824 euros a 19 viveiros, sociedades e particulares.

Estas achegas, que están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), beneficiaron a agricultores centrados na horticultura, en cultivos leñosos, en sementes e na plántula de hortalizas ou de pataca que investiron na mellora do rendemento global, da competitividade ou da viabilidade das súas explotacións.

Así, subvencionóuselles a reforma ou construción de instalacións, a compra de maquinaria, a adquisición de construcións agrarias en desuso, a plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola ou a compra de terreos. Tamén se lles sufragaron gastos como os honorarios dos técnicos que elaboran proxectos de construción ou reforma, licencias de software, entre outros.

Estas axudas teñen a finalidade de incrementar a competitividade e o rendemento global destas explotacións mediante a súa modernización, así como asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Enlace á resolución no DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200212/AnuncioG0426-310120-0001_gl.html 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre