Inicio Galicia O DOG publica os beneficiarios de 2019 das axudas á elaboración, comercialización...

O DOG publica os beneficiarios de 2019 das axudas á elaboración, comercialización e promoción de produtos vitivinícolas

0

En total outorgáronse case tres millóns de euros a máis dunha trintena de empresas e particulares, ao abeiro de dúas convocatorias de achegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe dúas resolucións da Consellería do Medio Rural polas que dá publicidade ás axudas concedidas a distintas bodegas e adegueiros, por unha banda, para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, e por outra, para a promoción deste sector en mercados de terceiros países.

En canto ás achegas para apoiar investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, en 2019 concedéronse case dous millóns de euros, en concreto 1,96 millóns, a un total de 16 beneficiarios. Estas subvencións, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), podían ser solicitadas por empresas, asociacións e organizacións de produtores, así como por organizacións interprofesionais, para sufragar custos de construción, a adquisición ou mellora de bens inmobles, ademais da compra de nova maquinaria ou equipamentos.

No que respecta ás axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, a Consellería do Medio Rural outorgou o ano pasado 905.456 euros a un total de 23 adegas, cooperativas ou organizacións de produtores. As achegas, financiadas tamén polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), están encamiñadas a dar a coñecer no exterior as características dos viños galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, así como dos viños varietais. Así, subvencionáronse accións como campañas publicitarias, misións comerciais, promocións en puntos de venda, catas, feiras, presentacións de produto, xornadas, seminarios ou degustacións.

O enlace ás resolucións no DOG:Elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200218/AnuncioG0426-100220-0003_gl.htmlPromoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200218/AnuncioG0426-100220-0002_gl.html

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre