Inicio Galicia O DOG publica o cambio de titularidade a prol do concello de...

O DOG publica o cambio de titularidade a prol do concello de Vila de Cruces dun treito antigo da estrada provincial que comunica as parroquias de Larazo e Duxame

0

Trátase dun tramo de 821 metros de lonxitude no lugar de Cedelle e a petición municipal xustifícase no cambio da funcionalidade da vía provincial cara un viario de acceso ás vivendas e terreos existentes nas súas marxes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a a prol do Concello de Vila de Cruces dun treito antigo da estrada provincial que comunica as parroquias de Larazo e Duxame.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://bit.ly/2WOht1u O Concello de Vila de Cruces solicitou á Deputación Provincial de Pontevedra a transferencia do tramo antigo no lugar de Cedelle, dunha lonxitude total de 821 metros, e que formou parte da estrada provincial anteriormente citada. A petición municipal xustificase no cambio da funcionalidade de estrada provincial cara un viario de acceso e servizo ás vivendas e terreos existentes nas súas marxes.

O organismo provincial de Pontevedra considerou axeitado a transferencia a prol do Concello de Vila de Cruces, polo que emite informe favorable e solicita o cambio de titularidade do citado tramo provincial á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A transferencia a prol do concello pontevedrés de Vila de Cruces deste antigo treito provincial tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que sinala que debe ser aprobada por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as Administracións implicadas.

Co cambio de titularidade aprobado o pasado 24 de outubro polo Consello da Xunta, o Concello da Vila de Cruces terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre