Inicio Galicia O DOG publica o cambio de titularidade a prol do concello de...

O DOG publica o cambio de titularidade a prol do concello de Laxe do tramo final da estrada AC-429 integrado no núcleo urbano

0

O concello solicitou á Consellería de Infraestruturas a titularidade desde a glorieta de Fendillo ata o remate deste vial, que conta con marxes acoutadas por edificacións e múltiples accesos a rueiros municipais e cun tráfico urbano e local

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Laxe do tramo final da estrada de titularidade autonómico AC-429, que se corresponde coa rúa Vila Amparo e está integrado no seu núcleo urbano.

No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://bit.ly/2U4DhYF O Concello de Laxe solicitou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o cambio de titularidade deste treito urbano da vía de titularidade autonómica, desde a glorieta de Fendillo ata o final da estrada. Trátase dun treito dunha lonxitude de 810 metros do vial AC-429, que comunica Ponteceso con Laxe, desde o punto quilométricos 10+900 ao 11+710.

O departamento de Infraestruturas da Xunta informa favorablemente do cambio de titularidade deste treito, que conta con marxes acoutadas por edificacións que forman parte do núcleo urbano de Laxe, con accesos a rueiros municipais, e tráfico principalmente urbano e local de curto percorrido. Ademais os terreos polos que discorre están clasificados polo Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello coruñés como solo urbano.

O cambio de titularidade non require investimento da Xunta, non obstante se atendeu á solicitude do concello de repintado da travesía, sinalización de varios pasos de peóns, 3 deles elevados, instalación de sinais luminosas nos mesmos e adaptacións de beirarrúas na súa contorna. As actuacións foron executadas polo departamento de Infraestruturas da Xunta na primavera e o verán de 2018, cun investimento duns 90.000 euros.

A transferencia a prol de Laxe deste treito do viario autonómico tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que deberá ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as Administracións implicadas.

Co cambio de titularidade, o Concello de Laxe terá a competencia para actuar en ambas as vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre