Inicio Galicia O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de San...

O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de San Vicenzo de Curtis, no concello coruñés de Vilasantar

0

Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 1.112 hectáreas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se aproba o acordo da reestruturación parcelaria da zona de San Vicenzo de Curtis, no concello coruñés de Vilasantar, que afecta unha superficie total de 1.112 hectáreas.

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares e coa superficie resultante da reorganización. Así, un total de 3.666 parcelas reorganizáronse en 764 predios.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre