Inicio Galicia O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Oubiña-2º...

O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Oubiña-2º sector, no concello pontevedrés de Cambados

0

Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 45 hectáreas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se aproba o acordo da reestruturación parcelaria da zona de Oubiña-2º sector, no concello pontevedrés de Cambados, que afecta unha superficie total de 45 hectáreas.

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 676 parcelas en 276 predios.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

Pódese consultar o anuncio no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191017/AnuncioG0426-071019-0001_gl.html 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre