Inicio Galicia O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Benza,...

O DOG publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Benza, no concello coruñés de Trazo

0

Esta reorganización territorial afecta unha superficie total de 1.170 hectáreas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se aproba o acordo da reestruturación parcelaria da zona de Benza, no concello coruñés de Trazo. O proceso, que afecta un total de 1.170 hectáreas propiedade de 458 veciños, supuxo un investimento de case 2,3 millóns de euros por parte da Xunta.

Este paso supón a determinación dos predios de reemprazo cos novos titulares, coa superficie resultante da reorganización e coa nova clasificación da terra. Así, reorganizáronse un total de 4.424 parcelas en 1.132 predios.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

O concello de Trazo ten unha extensión total de 10.130 hectáreas, estando xa concentrada ou en proceso máis do 81% da superficie, é dicir, case 8.300 hectáreas. Así, xa están rematados sete procesos de reestruturación parcelaria neste municipio e outros dous pendentes, entre eles esta zona de San Pedro de Benza e a de Santa María de Trazo.

Pódese consultar o anuncio no seguinte enlace:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200805/AnuncioG0426-230720-0001_gl.html 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre