Inicio Galicia O DOG publica hoxe dúas ordes de axudas destinadas aos concellos e...

O DOG publica hoxe dúas ordes de axudas destinadas aos concellos e ás asociacións veciñais, comunidades de usuarios de augas e mulleres rurais de Galicia

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias subliñou que nas axudas ás entidades locais vanse primar os proxectos de cubrición de parques infantís


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias presentou esta mañá hoxe en rolda de prensa dúas axudas da Vicepresidencia que hoxe mesmo saen publicadas no DOG e que entre ambas suman 6,5 millóns de euros, dos cales 4 millóns son para as entidades locais e 2,5 millóns para as asociacións veciñais, comunidades de usuarios de augas e mulleres.

Segundo explicou Marta Fernández-Tapias, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cun orzamento de 4 millóns de euros, o que supón un incremento de 1 millón de euros máis con respecto á convocatoria anteriorA través da liña de subvencións para infraestruturas de uso público, o Goberno galego vén apoiando desde 2009, aos concellos de Galicia para a mellora das dotacións existentes de infraestruturas básicas e do fomento da implantación e a reforma dos servizos municipais demandados pola poboación rural.

A directora xeral subliñou que nesta convocatoria vaise primar os proxectos de cubrición de parques infantís que deriva da necesidade de adoptar todo tipo de medidas de apoio ás familias como contribución ao impulso demográfico mediante o desenvolvemento deste tipo de proxectos nunha área tan sensible para a cidadanía como é o lecer infantil e a creación de ámbitos de convivencia e relación social na infancia.

As actuacións que se subvencionan ao abeiro desta orde son a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, como obras de instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública; obras de pavimentación de camiños públicos municipais; construción, mellora e ampliación de parques infantís, cubrición de parques infantís ou construción de novos parques infantís cubertos; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias; e construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público e/ou dotación de equipamentos destas instalacións.

A axuda económica que se conceda financiará ata o 80 % do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, co límite de 40.000 euros para as solicitudes individuais e 50.000 euros para as solicitudes conxuntas e para as presentadas por concellos resultantes dun proceso de fusión municipal ou en proceso de fusión. Cada concello poderá presentar ata dúas solicitudes, sempre e cando unha delas sexa individual e a outra sexa unha solicitude conxunta, de agrupacións ou asociacións de concellos. En todo caso, ambas as solicitudes deberán ser para actuacións diferentes.

Axudas para asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia A directora xeral de Administración Local explicou tamén que hoxe sae publicado tamén no Diario Oficial de Galicia, a convocatoria de subvencións destinadas ás asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociación de mulleres rurais, para o ano 2020 por importe de 2,5 M euros, o importe máis alto dende o ano 2016, que nesta convocatoria debido ao elevado número de solicitudes pasa a ser de concorrencia competitiva. Ademais, a Xunta pode anticipar o 100% da subvención ás entidades beneficiarias, evitándolles que deban anticipar o custo do proxecto antes da súa realización e xustificación.

O importe máximo da axuda por entidade é de 12.000 euros para a realización de obras e 5.000 euros para a dotación de equipamentos e a finalidade destas axudas é contribuír a mellora da calidade de vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal.

As actuacións que se subvencionan ao abeiro desta orde son por unha banda, os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os que teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título; e por outra banda, os equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario.

A presentación de ambas solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo de presentación será de un mes a partir de mañá.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre