Inicio Galicia O DOG publica hoxe catro convocatorias de procesos selectivos para cubrir 439...

O DOG publica hoxe catro convocatorias de procesos selectivos para cubrir 439 prazas de persoal administrativo

0

Todas as prazas son de libre acceso e forman parte das 1.161 prazas anunciadas en outubro


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe catro convocatorias de procesos selectivos para cubrir 439 prazas de persoal administrativo en distintas áreas da Administración galega. Todas estas prazas son de libre acceso e forman parte das 1.161 prazas anunciadas en outubro. As convocatorias que se publican hoxe no DOG inclúen procesos selectivos para reforzar os distintos centros e servizos da Administración autonómica. En concreto publícanse as convocatorias para cubrir 91 prazas para o corpo administrativo (C1) da Administración xeral –a maior convocatoria desde 2015 cando se ofertaron 20 prazas- e 320 prazas no corpo auxiliar (C2) o que supón multiplicar por seis a convocatoria do ano pasado. Ademais tamén se convocan 6 prazas para o grupo III do persoal laboral fixo e outras 22 para o grupo IV tamén de persoal laboral fixo.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición tal e como se recolle nos Acordos de estabilización asinados entre a Administración galega e as organizacións sindicais. Os primeiros exercicios dos procesos selectivos de persoal funcionario serán simultáneos e coincidentes cos do persoal laboral.

Todas as convocatorias inclúen as normas xerais, os requisitos que deben posuír as persoas que queren inscribirse nas probas, os exercicios a realizar e os programas que rexerán os distintos procesos selectivos. Posteriormente, a Xunta publicará a lista de persoas admitidas e excluídas en cada convocatoria.

Ademais, Xunta e sindicatos continúan negociando as convocatorias de promoción interna para estes corpos e escalas.20 días hábilesO prazo de inscrición abre mañá e remata o vindeiro 26 de decembro co que as persoas interesadas en participar terán 20 días hábiles para facelo constar no modelo de solicitude que se facilita gratuitamente na Internet, e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre