Inicio Galicia O DOG publica hoxe as axudas para viveiros e agricultores que teñan...

O DOG publica hoxe as axudas para viveiros e agricultores que teñan que destruír plantas ou colleitas por pragas de corentena

0

Os posibles beneficiarios destas achegas teñen de prazo ata o vindeiro 1 de outubro para presentar as súas solicitudes en calquera dos rexistros da Xunta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os viveiros e explotacións agrícolas que teñan que destruír plantas ou colleitas debido á afectación de pragas de corentena.

Os posibles beneficiarios destas achegas teñen de prazo ata o vindeiro 1 de outubro para presentar as súas solicitudes en calquera dos rexistros da Xunta de Galicia. O orzamento destinado a esta finalidade é de 100.000 euros, cofinanciado ao 50% entre o Goberno galego e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Estas subvencións van destinadas a financiar procesos de destrución, desinfección, esterilización ou calquera outro tratamento aplicado oficialmente a vexetais contaminados, substratos de cultivo e terreos recoñecidos como contaminados ou os materiais de produción, acondicionamento, embalaxe ou almacenamento e mesmo medios de transporte que estiveran en contacto con ditos vexetais.

Poden solicitar estes fondos todos os produtores de vexetais con producións afectadas polas medidas fitosanitarias en virtude de 4 pragas en concreto: fusarium, que afecta á produción de planta de piñeiro en viveiros; a thekopsora minima, fungo que ataca ás plantas de arandos; o psílido africano, que afecta á produción e comercialización de planta de cítricos en viveiros; e a couza guatemalteca da pataca. Pódese consultar a orde na seguinte ligazón:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180504/AnuncioG0426-170418-0001_gl.html

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre