Inicio Galicia O DOG publica hoxe a lista de admitidos e excluídos para o...

O DOG publica hoxe a lista de admitidos e excluídos para o terceiro proceso selectivo de policías locais que se levará a cabo na Agasp

0

Presentáronse 958 solicitudes para 73 prazas en diversos concellos galegos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local para este ano en diversos concellos galegos, para o que se presentaron 958 persoas para 73 prazas.

Segundo publica o DOG, foron admitidas 828 persoas e 126 foron excluídos por non haber acreditado diversa documentación. Xa son mais de 80 os concellos galegos que teñen delegada as competencias na selección dos seus auxiliares e policías locais na Xunta, e xa son mais de 250 prazas de policías asignadas dende que deron comezo os procesos de selección na Academia Galega de Seguridade PúblicaCon data do 10 de xullo de 2020, o DOG fixo pública a Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quendas libre e de concurso.

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal A listaxe provisional de persoas excluídas na quenda de oposición libre, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas excluídas e os/as declarados/as non exentos/as da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos de lingua galega. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre