Inicio Galicia O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para a formación no...

O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia para o 2019, cun investimento de 400.000 euros

0

Están dirixidas ás asociacións ou federacións de transportistas integradas no Comité Galego de Transportes, co obxecto de que leven a cabo un plan formativo sobre as materias de maior interese para o sector


Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2018.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no que se adiantan as bases reguladoras para a concesión de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

As axudas van dirixidas ás entidades que se integran no Comité Galego de Transportes (asociacións ou federacións de transportistas), co obxecto de que elaboren e leven a cabo un plan formativo que haberá de versar sobre as materias de maior interese para o sector. Para estes efectos, a propia Orde inclúe unha relación básica de cursos subvencionables, que se verá desenvolvida e completada coa guía de referencia de accións formativas que se publicará na páxina web da consellería.

Acolléndose a estas axudas, as entidades que resulten beneficiarias poderán mellorar as capacidades dos seus asociados en eidos tan transcendentais como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial. Tamén se inclúe a subvención de cursos para obter o Certificado de Aptitude Profesional (CAP), requisito imprescindible para os condutores que queiran operar no mercado profesional desde a entrada en vigor do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo.

Leer más:  Díaz alaba el Encaixe de Camariñas, ejemplo de "cultura" y "trabajo" hecho por mujeres que pone a Galicia "en el mundo"

No ano 2018 realizáronse 178 cursos ao abeiro destas axudas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, das que se beneficiaron un total de 2.605 alumnos, cifras que se esperan repetir ou incluso mellorar coa nova convocatoria.

Para a realización destas actividades, a consellería destina un total de 400.000 euros, os cales serán distribuídos entre aqueles plans formativos que acaden as maiores puntuacións nos diversos criterios que establece a orde reguladora, entre os que se encontran a representatividade da asociación, a adecuación dos cursos ao ámbito do transporte, o seu menor custo ou a promoción do idioma galego.

Requisitos e prazo de presentaciónAs asociacións ou federacións interesadas haberán de presentar a solicitude obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), que irá acompañada da descrición detallada dos cursos integrados no plan formativo para o que se pide a axuda. Esta descrición deberá facerse nun documento electrónico en formato Microsoft Excel ou compatible, o cal deberá axustarse á estrutura e ao contido do modelo que, par tal efecto, proporcionará a consellería a través da dirección xeral de Mobilidade.

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el plan de Altri, "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2019 e rematará o 4 de febreiro de 2019. Toda a información sobre os requisitos e condicións destas axudas para a formación no eido do transporte poden consultarse no seguinte enlace ao DOG: https://bit.ly/2QUoOMs  


- Te recomendamos -