Inicio Galicia O DOG publica hoxe a ampliación ata o vindeiro día sete de...

O DOG publica hoxe a ampliación ata o vindeiro día sete de maio do prazo para solicitar as axudas da PAC

0

Esta medida adóptase para facilitar o traballo e as xestións das entidades colaboradoras que están a tramitar estas achegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se amplía o prazo para a presentación en Galicia da solicitude única de axudas da Política Agrícola Común (PAC) ata o vindeiro sete de maio, incluído ese día.

Deste xeito, Galicia súmase ás diferentes comunidades autónomas que solicitaron ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) a devandita ampliación. Esta medida adóptase para facilitar o traballo e as xestións das entidades colaboradoras que están a tramitar estas axudas, de forma que teñan máis marxe para atender as diferentes solicitudes de agricultores e gandeiros. Así o trasladou o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) ao Mapama, acolléndose á posibilidade ofrecida polo Ministerio.

O DOG publicaba o pasado 12 de febreiro a correspondente orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da PAC. Son un total de 190 millóns de euros para preto de 33.000 beneficiarios galegos, que tiñan inicialmente a de hoxe como data límite para solicitar ditas achegas, un prazo que agora se amplía ata o sete de maio. 

Leer más:  El Centro de Excelencia Álvaro Cunqueiro ha sido reconocido a nivel internacional por su destacado tratamiento de enfermedades coronarias con DCB

- Te recomendamos -