Inicio Galicia O DOG publica dúas ordes de axudas para fomentar a calidade alimentaria...

O DOG publica dúas ordes de axudas para fomentar a calidade alimentaria entre os agricultores e os Consellos reguladores

0

Unha destinada a produtores que se acaban de incorporar a indicativos de calidade e outra para financiar as actividades de control dos consellos reguladores

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas convocatorias de axudas destinadas a fomentar a calidade alimentaria entre os agricultores e os consellos reguladores. En total, investiranse para este fin case 566.000 euros.

Por unha banda, as subvencións para a nova participación de agricultores en réximes de calidade están dotadas con 190.000 euros. Neste caso, poderán ser beneficiarios os titulares de explotacións agrarias que se incorporasen a un determinado indicativo de calidade despois do 18 de novembro de 2015 e que cumpran a condición de agricultor activo. No caso da produción ecolóxica, tamén poderán recibir axuda aqueles que xa tiveran actividade e que incorporen agora algunha nova orientación produtiva.

Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así como a cota anual de participación. A contía da axuda será do 100% dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos. Estas axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader), poden solicitarse dende mañá ata o 15 de maio de 2020.

Consellos reguladoresPor outra banda, o Diario Oficial de Galicia publica tamén hoxe a convocatoria das subvencións para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias, por un importe de 375.804 euros.

Poderán ser obxecto destas axudas as actuacións encamiñadas ao control da calidade e da orixe dos produtos das denominacións de orixe, das indicacións xeográficas ou da agricultura ecolóxica. Tamén poderán recibir subvención os estudos, as investigacións e o desenvolvemento de programas para a mellora da calidade dos produtos obxecto de protección ou os gastos relacionados coa acreditación do consello regulador e para o seu mantemento.

Estas axudas permitirán aos consellos reguladores manter o elevado nivel de rigorosidade necesario na realización das súas tarefas de control da orixe e da calidade dos produtos que certifican, rigor que é clave para a reputación das nosas denominacións de orixe e indicacións xeográficas e, en xeral, para a reputación do noso sistema de control da calidade. Estas subvencións, financiadas exclusivamente con fondos propios da Xunta de Galicia, poden solicitarse no prazo dun mes a contar dende mañá.

Enlace ás resolucións no DOG:Réximes de calidade: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200213/AnuncioG0528-161219-0001_gl.htmlConsellos reguladores:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200213/AnuncioG0528-261219-0003_gl.html 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre