Inicio Galicia O DOG publica as axudas concedidas en 2019 pola Xunta para fomentar...

O DOG publica as axudas concedidas en 2019 pola Xunta para fomentar a calidade entre os consellos reguladores e as asociacións de produtores

0

En total outorgáronse case catro millóns de euros a unha trintena de entidades a través de tres ordes de axudas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) os beneficiarios e as axudas concedidas en 2019 ao abeiro de tres convocatorias destinadas a fomentar a calidade alimentaria entre os consellos reguladores e as asociacións de produtores. En total, outorgáronse case catro millóns de euros a unha trintena de entidades. Moitas delas recibiron achega de máis dunha convocatoria.

En primeiro lugar, as axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada supuxeron un investimento superior aos tres millóns de euros e serven para apoiar actuacións como a mellora da comercialización, a organización de feiras e a asistencia a certames comerciais. En 2019 resultaron beneficiados un total de 25 consellos reguladores, asociacións e agrupacións de produtores que conseguiron axuda para un total de 74 accións.

No que se refire ás subvencións aos consellos reguladores das denominacións de calidade para sufragar os seus gastos de funcionamento, a Consellería do Medio Rural destinou 500.000 euros a un total de 24 beneficiarios.

Por último, canto ás achegas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominación de calidade agroalimentarias, repartíronse 300.000 euros a un total de 16 entidades.

Enlace ás resolucións no DOG:Actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0528-170220-0003_gl.htmlGastos de funcionamento dos consellos reguladores das denominacións de calidade:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0528-170220-0002_gl.htmlProgramas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0528-170220-0001_gl.html

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre