Inicio Galicia O DOG publica a resolución das axudas concedidas para plans de mellora,...

O DOG publica a resolución das axudas concedidas para plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións da convocatoria de 2019

0

En total, distribuíronse 40,4 millóns de euros entre máis de 1000 persoas beneficiadas


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas as axudas concedidas na convocatoria de 2019 para plans de mellora nas explotacións agrarias, a creación de empresas por parte de agricultores mozos e o desenvolvemento de pequenas explotacións. En total, distribuíronse 40.411.695 euros entre 1089 persoas beneficiadas.

Segundo a resolución do DOG, 533 beneficiarios recibiron máis de 24,9 millóns de euros para acometer plans de mellora nas súas explotacións, mentres un total de 356 mozos e mozas obtiveron unha contía global superior aos 12,4 millóns para crear as súas propias empresas agrarias. No que se refire ao desenvolvemento de pequenas explotacións, 200 persoas solicitantes conseguiron achega, por un montante global de tres millóns de euros.

As axudas teñen como finalidade garantir a continuidade do tecido agrario, así como incrementar a competitividade das explotacións mediante a súa modernización. Están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Enlace á resolución no DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200212/AnuncioG0426-030220-0001_gl.html

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre