Inicio Galicia O DOG publica a orde que amplía ao 2 de novembro a...

O DOG publica a orde que amplía ao 2 de novembro a suspensión de prazos para presentar o imposto de transmisións patrimoniais, o de sucesións e os tributos do xogo

0

Esta orde derroga a orde publicada o pasado 27 de marzo, que establecía unha suspensión ata o 30 de xuño


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se amplía ao 2 de novembro de 2020 a suspensión dos prazos para a presentación das autoliquidacións dos impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITP-AXD); de sucesións e doazóns (ISD) e os tributos do xogo.

Deste xeito, todas as autoliquidacións destes tres impostos cuxo prazo vencía a partir do 14 de marzo –día da entrada en vigor da declaración do estado de alarma- poderán ser presentadas na Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) ata o 2 de novembro. Esta nova orde derroga a publicada pola Xunta o 27 de marzo, que estableceu unha suspensión no prazo de presentación dos principais impostos autonómicos ata o 30 de xuño ou un mes despois da finalización do estado de alarma.

Esta medida afecta cada mes a unhas 32.000 persoas e empresas, que non terán a necesidade de presentar a autoliquidación do imposto. A Axencia Tributaria de Galicia deixará de ingresar cada mes ata 35 millóns de euros mentres estea vixente esta suspensión de prazos.

A suspensión de prazos non afecta ao resto dos impostos autonómicos –coma o canon eólico, o imposto sobre as augas encoradas ou o imposto sobre contaminación atmosférica– dado que a súa presentación faise obrigatoriamente de xeito telemático e están relacionados co impacto ambiental de determinadas actividades non afectadas polo coronavirus.

Hai que ter en conta que un contribuínte, aínda que non teña que aboar o imposto por beneficiarse das distintas bonificacións ou deducións existentes –como sucede coas deducións do Imposto sobre Sucesións ou co programa de Impostos Cero no rural-, si está obrigado en todo caso a presentar a correspondente autoliquidación do imposto.

Cita previaEn todo caso, aqueles cidadáns que o precisen poden presentar de xeito voluntario as autoliquidacións destes impostos de xeito telemático ou a través do servizo de cita previa activado pola ATRIGA. Para solicitar a cita previa, hai que acceder á web da ATRIGA (www.atriga.gal), onde se lle outorgará unha data e unha hora na que será atendida. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre