Inicio Galicia O DOG publica a orde para actualizar un 2% as retribucións dos...

O DOG publica a orde para actualizar un 2% as retribucións dos empregados públicos da Administración autonómica

0

Esta orde establece que a Xunta de Galicia aplicará na nómina de febreiro a suba xeral do 2% con efectos desde o 1 de xaneiro de 2020


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se actualizan con efectos do 1 de xaneiro de 2020 a contía das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2020, coa que se aplicará na vindeira nómina de febreiro a suba retributiva xeral do 2% a todos os empregados públicos.

O incremento salarial xeral do 2% terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2020, supón un aumento medio dun 725 euros por traballador e aplicarase aos máis de 87.000 empregados públicos da Administración autonómica, e tamén o persoal das tres universidades públicas e do ensino concertadoTal como reflicte a orde publicada hoxe no DOG, a Xunta aplica esta suba salarial xeral na nómina de febreiro –a primeira na que é posible facelo- porque para efectuar este incremento retributivo é preciso a habilitación legal da Administración Xeral do Estado, que foi aprobada o pasado 21 de xaneiro, cando xa estaban pechadas as nóminas dese mes.

Esta suba salarial está recollida no acordo asinado en marzo de 2018 polo Goberno central coas organizacións sindicais CSIF, UGT e CC.

OO., para o período 2018-2020, e o Goberno galego incorporouna no Acordo de Concertación Social asinado en xaneiro de 2019 cos sindicatos UXT-Galicia e CC.

OO. de Galicia. O incremento efectuarase a través do fondo retributivo dotado nos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para 2020, que entraron en vigor o 1 de xaneiro.

Este incremento xeral do 2% é adicional aos incrementos salariais de ámbito sectorial que son froito da negociación colectiva e que proceden de distintos acordos asinados coas organizacións sindicais durante os anos anteriores. Estes acordos –na aplicación da carreira profesional da Administración Xeral e do Sergas, no ámbito docente e xudicial, nos axentes forestais e medioambientais e no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar- xa se comezaron a aplicar en exercicios anteriores e tiñan prevista unha anualidade de incremento no ano 2020, que se está a aplicar desde a nómina de xaneiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre