Inicio Galicia O DOG publica a orde de axudas dirixida aos concellos galegos para...

O DOG publica a orde de axudas dirixida aos concellos galegos para contratar a mulleres vítimas de violencia de xénero

0

As mulleres que sofren violencia de xénero poden acadar a través deste apoio maior autonomía e independencia económica, así como máis opcións dunha inserción laboral estable para a súa integración plena no ámbito económico e social


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as orde de axudas destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas. Esta convocatoria conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros euros financiados no marco do desenvolvemento en Galicia das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

As subvencións desta convocatoria van destinadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral o social, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral. A súa finalidade é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu empoderamento, e reforzar ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.

A contía da subvención que se concederá ás entidades locais beneficiarias será, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación, as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e acorde coa súa categoría profesional.

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nesta resolución os concellos galegos, mediante solicitude individual ou a través dunha petición conxunta dunha agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Para poder ser beneficiaria destas axudas a entidade deberá ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2018 ao Consello de Contas de Galicia.

As contratacións polas cales se conceda a subvención deberán ser para a realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, competencia das entidades locais e deben ser executados en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas ás que se encomende a súa execución. A duración dos contratos debe ser como mínimo de 4 meses e favorecer a xornada de traballo a tempo completo ou a tempo parcial pero non inferior ao 50%.

Tamén se fomentará a formación e a práctica profesional das mulleres contratadas e que a entidade local e a entidade local beneficiaria terá que designar unha persoa de apoio para a traballadora ou traballadoras contratadas que actúe como profesional de referencia no tempo que dure a súa contratación. Os concellos poderán, pola súa parte, con apoio de persoal técnico da Secretaría Xeral da Igualdade con formación en xénero.

A presentación das solicitudes realizarase a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde mañá e o da formalización de contratos por parte da entidade beneficiaria de tres meses desde a concesión da subvención e antes do 30 outubro de 2020. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre