Inicio Galicia O DOG publica a orde da Secretaría Xeral da Emigración que permitirá...

O DOG publica a orde da Secretaría Xeral da Emigración que permitirá ás entidades galegas no exterior solicitar axudas para obras e equipamentos, dotada con 575.000 euros

0

A dotación económica ten por obxecto achegas para facer fronte os labores de conservación e infraestrutura de instalacións, así como para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable


O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria da orde da Secretaría Xeral da Emigración das axudas para actividades e gastos de funcionamento destinadas ás entidades galegas no exterior. Dotada con 575.000 euros, a contía destinada para estas axudas divídese en dúas liñas de actuación: unha primeira, para a reforma, rehabilitación e conservación, e unha segunda; para mellorar as dotacións e equipamentos de carácter inventariable. O departamento autonómico pon así en marcha unhas achegas que permiten subvencionar os gastos e proxectos que se vaian executar entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de setembro de 2020. O prazo de presentación de solicitudes para esta liña de axudas abrirase mañá e se estenderá ata o vindeiro 13 de abril.

Ampliación de prazo para gastos de funcionamento e actividadesA Secretaría Xeral da Emigración vén de ampliar, así mesmo, o prazo de solicitudes das liñas de apoio para gastos correntes e propostas de índole cultural e social destinados ás entidades galegas. A nova data límite para presentar as peticións é o luns 16 de marzo. Esta ampliación busca dar resposta ás circunstancias especiais nas que se atopan países como Venezuela, Cuba, A Arxentina e O Uruguai, que poden presentar dificultades para reunir toda a documentación requerida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre