Inicio Galicia O DOG publica a convocatoria do pago dos depósitos previos aos titulares...

O DOG publica a convocatoria do pago dos depósitos previos aos titulares dos terreos afectados pola construción dunha glorieta no cruce do Empalme, en Curtis

0

Os propietarios deberán acudir o vindeiro luns 16 de maio á oficina municipal do recinto feiral de Curtis, de 10 ás 11 horas

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o convocatoria do pago dos depósitos previos aos titulares dos terreos afectados pola obras de construción dunha glorieta no cruce do Empalme, na estrada AC-840, en Curtis, para realizar o levantamento de actas previas.

O acto de formalización das actas de ocupación terán lugar o vindeiro luns 16 de abril. Os titulares dos terreos afectados deberán acudir entre as 10 e 11 horas á oficina municipal do Recinto Feiral de Curtis, na rúa Emilia Pardo Bazán, s/n. Esta actuación, que se licitou recentemente, comezará no verán co fin de executar unha glorieta na travesía de Curtis, transformando a intersección existente no punto quilométrico 21+900 da estrada AC-840 para mellorar a súa seguridade viaria.

O proxecto suporá un investimento da Administración autonómica próximo aos 240.000 euros, aos que deberán engadirse os 8.822 euros nos que se estima inicialmente o custo das expropiacións, que afectan a 13 fincas.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

Na actualidade, nese punto existe unha intersección en cruz que conta cunha visibilidade bastante reducida por mor da proximidade dun cambio de rasante, polo que a súa transformación en glorieta permitirá calmar o tráfico e permitir os xiros na estrada en condicións máis seguras.

A actuación complementa á obra que actualmente está a executar a Xunta de construción dunha senda na marxe dereita da AC-840, no tramo comprendido entre o Pq 20+145 (en Alto da Espeniña) e o 21+880 (intersección coa estrada autonómica AC-230 en Curtis), e na que se prevé mellorar outra intersección próxima, o cruce coa estrada ao cemiterio (Pq 21+240). Esta obra, que conta cun orzamento próximo a 500.000 euros estará finalizada nesta primavera.

A convocatoria pode consultarse no DOG, https://bit.ly/2ISXPcD. 


- Te recomendamos -