Inicio Galicia O DOG publica a convocatoria de axudas para colaborar no funcionamento das...

O DOG publica a convocatoria de axudas para colaborar no funcionamento das agrupacións de Protección Civil

0

Esta orde subvenciona gastos correntes e de funcionamento


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas para colaborar no financiamento dos gastos correntes das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) e así manter o seu funcionamento. A orde, dotada con 340.000 euros, inclúe subvencións que poderán ser destinadas a equipamento e vestimenta, gastos ocasionados durante as actuacións, pagamento de seguros, gastos de formación ou material informático.

Entre os criterios que se terán en conta á hora de conceder as axudas están o número de mobilizacións das agrupacións, a prestación mancomunada do servizo, a cifra de poboación e extensión do territorio á que prestan atención ou a antigüidade das AVPC. As solicitudes poderán presentarse durante un mes, a partir de mañá.

Ademais desta convocatoria, a Xunta tamén colabora coas agrupacións de voluntario coa dotación de equipamento de atención ás emerxencias. Tamén, a través da Academia Galega de Seguridade Pública, oferta cursos para actualizar os coñecementos do persoal das AVPC.

As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil son un piar básico das emerxencias en Galicia, que contribúen a reforzar os servizos profesionais co seu labor altruísta e melloran así a atención á cidadanía. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre