Inicio Galicia O director xeral de Gandaría reitera a necesidade de seguir apostando pola...

O director xeral de Gandaría reitera a necesidade de seguir apostando pola transformación para darlle valor engadido ás producións

0

Lembroulles que está a piques de saír no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, achegouse esta mañá ao concello lugués de Monforte de Lemos para coñecer de primeira man as instalacións de Oviganic Ibérica, unha empresa dedicada á fabricación de produtos para alimentación infantil que distribúe integramente no mercado chinés.

Durante a súa visita, Balseiros coñeceu de primeira man o futuro proxecto de ampliación desta entidade, que pasará a fabricar tamén produtos con leite de cabra e ovella. Neste senso, reiterou a necesidade de seguir apostando polos procesos de transformación, que permiten darlle valor engadido ás producións en xeral e ao leite en particular.

Así, o director xeral salientou que está a piques de saír publicada no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, que estará dotada cun orzamento de 26 millóns de euros, para os anos 2020, 2021 e 2022.

Sobre esta nova convocatoria de achegas, José Balseiros explicoulles que se poden beneficiar dela os empresarios individuais ou sociedades que realicen actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como compra de terreos. Tamén se sufraga a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre