Inicio Galicia O director xeral de Gandaría destaca que Galicia ten moita marxe para...

O director xeral de Gandaría destaca que Galicia ten moita marxe para medrar na transformación alimentaria

0

José Balseiros participou na clausura da I Xornada de promoción e comercialización de produtos agrarios que hoxe se celebrou na Estrada

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou esta mañá na clausura da I xornada de promoción e comercialización de produtos agrarios, celebrada no concello pontevedrés da Estrada. Alí destacou que a nosa comunidade ten moita marxe para medrar na transformación alimentaria e puxo en valor os máis de 35 selos de calidade que ten Galicia.

Así, José Balseiros subliñou que a calidade dos produtos galegos, tanto de horta como da gandaría, é indiscutible e o seu prestixio xa traspasou fronteiras. Pero, matizou, esta calidade ten que ir máis alá dos produtos primarios sen transformar. Durante a súa intervención, José Balseiros agradeceu tamén a aposta dos estradenses pola produción de mazá de sidra. Neste senso, destacou que iniciativas como a produción de sidra galega permiten fomentar actividades produtivas que diversifican o agro galego e dinamizan economicamente a súa contorna.

Esta primeira xornada de promoción e comercialización de produtos agrarios foi organizada pola Asociación Agraria de Galicia e nela tratouse a nova regulación sobre artesanía alimentaria, presentáronse varios proxectos agroalimentarios de xente emprendedora e un relatorio sobre a promoción e internacionalización de produtos.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre