Inicio Galicia O director xeral de Gandaría destaca a aposta pola diversificación como clave...

O director xeral de Gandaría destaca a aposta pola diversificación como clave para abrir novas oportunidades de negocio no rural galego

0

Lembrou que a Consellería do Medio Rural destinará 26 millóns de euros deica o ano 2022 a financiar investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios


O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou esta mañá as instalacións de Granxa Pegullal S.

A., unha empresa afincada no concello pontevedrés de Salceda de Caselas que posúe tres liñas de negocio: a produción de viño, de aceite e de kiwi.

O director xeral coñeceu de primeira man as súas plantacións de albariño acollidas na Denominación de Orixe Rías Baixas, as de kiwi e a almazara da que saen os dous aceites de oliva virxe extra que xorden das terras do Pazo de Pegullal. Na visita, José Balseiros destacou a necesidade de seguir apostando pola diversificación como vía para explorar novas oportunidades de negocio no rural galego e, nesa liña, lembrou que xa se poden solicitar as axudas para investir na transformación e comercialización de produtos agrarios. Unha convocatoria que está dotada para os anos 2020, 2021 e 2022 con 26 millóns de euros.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias aproveitou a visita ao Pazo de Pegullal para salientar a importancia de establecer sistemas de produción respectuosos co medio natural, non só para compatibilizar a rendibilidade económica co coidado do planeta senón tamén para xerar valor engadido no mercado. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre