Inicio Galicia O director xeral de Gandaría asistiu á Rapa das bestas de Sabucedo,...

O director xeral de Gandaría asistiu á Rapa das bestas de Sabucedo, declarada festa de Interese Turístico Internacional

0

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu hoxe á xornada central da Rapa das Bestas de Sabucedo, que se celebra no concello pontevedrés da Estrada. Coa súa presenza neste curro, o director xeral puxo de manifesto o apoio da Xunta a este tipo de celebracións, pola súa importancia etnográfica, cultural e turística, como práctica tradicional de manexo do gando nos montes galegos.

A rapa de Sabucedo é unha das de maior sona e importancia de Galicia, declarada Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2007. Consiste na baixada dos cabalos dende os montes de Montouto, no límite do concello estradense cos de Cerdedo, Forcarei, Cuntis e Campo Lameiro, ata o curro para proceder ao seu rapado e marcaxe.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre