Inicio Galicia O director xeral de Emerxencias e Interior participa na entrega dun vehículo...

O director xeral de Emerxencias e Interior participa na entrega dun vehículo ao parque de bombeiros de Monforte de Lemos

0


O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participaron hoxe na entrega dun vehículo ao parque de bombeiros de Monforte de Lemos.

O vehículo foi adquirido polo Consorcio Provincial, no que participan ao 50% a Xunta e a Deputación. Trátase dun todo terreo para intervencións rápidas, que vén a completar os medios que ten o parque. Este novo vehículo permitirá unha mellora nos tempos de intervención e chegar a zonas de difícil acceso.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre