Inicio Galicia O director xeral de defensa do Monte destaca en Portugal o potencial...

O director xeral de defensa do Monte destaca en Portugal o potencial dos drons ou do pioneiro convenio de protección das aldeas para loitar contra os lumes en Galicia

0

Tomás Fernández-Couto foi un dos convidados ao Seminário Incêndios Rurais 2020 celebrado no país veciño

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, foi un dos convidados ao Seminário Incêndios Rurais 2020 celebrado en Portugal para dar conta das últimas melloras aplicadas pola Xunta para anticiparse aos lumes forestais. Non é a primeira vez que no país veciño se interesan pola experiencia galega en materia de incendios, a través de visitas á nosa comunidade ou de invitacións á Consellería do Medio Rural para participar en distintos encontros en Portugal.

No Seminário Incêndios Rurais 2020, Fernández-Couto fixo unha panorámica sobre as actuacións levadas a cabo contra os lumes en Galicia nos últimos 30 anos, deténdose en fitos importantes como a creación específica da Dirección Xeral de Defensa do Monte da que é titular. Tamén detallou o contido do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA) que, ademais da prevención, contempla a detección, disuasión, investigación e medidas correctoras, así como a extinción e un plan de formación para os servizos de loita contra os lumes.

Na intervención do director xeral de Defensa do Monte ocuparon un lugar destacado as novidades incorporadas na última campaña do PLADIGA, como o uso de drons para a vixilancia, a detección de lumes e o apoio tanto á investigación como á extinción. No ámbito da prevención, Fernández-Couto puxo de relevo o pioneiro convenio de protección das aldeas subscrito entre a Consellería do Medio Rural, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga, para crear un sistema público de xestión da biomasa que está a deixar limpas as faixas secundarias coa finalidade última de protexer os núcleos de poboación.

O director xeral rematou a súa intervención no Seminário Incêndios Rurais 2020 apelando á implicación non só de todas as administracións senón tamén da cidadanía para seguir facendo fronte aos lumes forestais. Neste senso puxo en valor a posta en marcha dun número de teléfono anónimo e gratuíto de denuncia dos incendiarios, o 900 815 085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre