Inicio Galicia O director do IGVS e o alcalde de Palas de Rei analizan...

O director do IGVS e o alcalde de Palas de Rei analizan a ampliación do parque empresarial desta localidade

0

Heriberto García Porto recorda que as dúas primeiras fases do parque están esgotadas e existe demanda de empresas interesadas en asentarse alí

O Instituto Galego da Vivenda e Solo estuda a posible ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, no que o solo está esgotado, unha vez que a mesma se incorporou ao Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia coa modificación recentemente aprobada.

Con tal fin, o director xeral do IGVS, Heriberto García, mantivo unha xuntanza co alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, na que analizaron a demanda de solo existente por parte de empresas interesadas en asentarse nesta localidade ou en ampliar as súas instalacións. Dita demanda supón unha porcentaxe importante do solo previsto para a ampliación.

A modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta no pasado mes de novembro, inclúe unha terceira fase do parque empresarial de Palas de Rei, cunha superficie total de 42.280,56 metros cadrados.

Despois dos estudos previos, o seu desenvolvemento iniciarase coa redacción dun proxecto sectorial, que establecerá o ordenamento detallado do ámbito e permitirá iniciar a adquisición do solo necesario para a ampliación.

As dúas fases actualmente existentes do parque empresarial de Palas de Rei suman preto de 50.000 metros cadrados de superficie destinada a parcelas e está vendida na súa totalidade. Do total, preto de 25.000 metros cadrados foron adxudicados entre 2015 e 2018, con bonificacións no prezo de venda de preto de 234.000 metros cadrados. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre