Inicio Galicia O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participa nas III Xornadas...

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participa nas III Xornadas do rural galego que se celebran en Curtis

0


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participou esta mañá na apertura das III xornadas do rural galego que se celebran en Curtis e que, este ano, están centradas nun monográfico sobre o millo.

Alí, o director aproveitou para felicitar á organización por este tipo de encontro, xa que permiten aos agricultores e gandeiros estar ao día das novidades e melloras neste sector, tanto a nivel de maquinaria como no desenvolvemento de certos cultivos. Neste senso, Manuel Rodríguez salientou o traballo que se fai desde o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo para garantir uns cultivos de calidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre