Inicio Galicia O director da Agadic subliña o papel da mostra (S8) da Coruña...

O director da Agadic subliña o papel da mostra (S8) da Coruña na difusión do cinema experimental en Galicia

0


O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, acompañou hoxe os organizadores da (S8) Mostra de Cinema Periférico na presentación dos principais contidos da súa décima edición, que terá lugar do 31 de maio ao 9 de xuño na Coruña e que volverá contar co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), da Consellería de Cultura e Turismo, como unha das súas sedes.

Sutil incidiu no importante papel que este evento desenvolve na difusión do cinema experimental e de vangarda entre o público galego e felicitou os seus directores, Ángel Rueda e Ana Domínguez, por estes dez anos de traxectoria ininterrompida. Un aniversario que, como explicou, vén avalado polo recente informe do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea que recoñece esta mostra como o evento cultural galego mellor valorado por un panel de expertos da nosa Comunidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre