Inicio Galicia O director da Agacal visita o concello de Quiroga para seguir traballando...

O director da Agacal visita o concello de Quiroga para seguir traballando na creación do selo de calidade para o seu aceite

0


O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, desprazouse esta mañá ata o concello lugués de Quiroga para manter unha xuntanza de traballo co seu alcalde. O obxectivo da visita foi coñecer in situ as posibilidades que ofrece este municipio na elaboración de aceite e, así, seguir traballando na creación dun selo de calidade para este produto.

O director sinalou que a solicitude está moi avanzada e que falta pulir algúns aspectos fundamentais para que a Comisión Europea acepte a proposta desta denominación de orixe protexida Aceite de Quiroga. Manuel Rodríguez confía nas características deste produto e no gran traballo que están a facer entre os técnicos da Agacal e o persoal do concello.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre