Inicio Galicia O director da Agacal participa na entrega dos premios ?Cheo de vida?...

O director da Agacal participa na entrega dos premios ?Cheo de vida? que organiza o consello regulador da DOP Queixo Tetilla

0

Os premios foron para a fundación Amigos de Galicia e Down Galicia por apoiar e axudar a grupos desfavorecidos

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participou esta mañá no acto de entrega dos premios “Cheo de vida”, que organizou por primeira vez o consello regulador da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla. O acto tivo lugar no pazo de Quián, en Sergude.

O director gabou este tipo de certames que apoian proxectos sociais que axudan a grupos desfavorecidos. E precisamente estes valores fixeron que a fundación Amigos de Galicia e Down Galicia foran os galardoados nesta primeira edición. No caso primeiro, repartirase o valor do premio en queixos Tetilla para repartir entre as familias galegas con nenos en situación de pobreza ou excusión social e, no segundo caso, dedicarase á adquisición de material informático preciso para desenvolver un novo proxecto de atención temperá.

Este concurso foi presentado o pasado 17 de maio de 2018, cun prazo de presentación de solicitudes de 7 meses. Transcorrido ese tempo, houbo un total de 47 asociacións participantes e o pasado 11 de xaneiro de 2019 convocouse unha reunión extraordinaria por parte do consello regulador para elixir aos gañadores. Neste senso, o director da Agacal felicitou aos premiados e tamén aos organizadores deste concurso, pois foron quen de trasladar á poboación a esencia deste produto de calidade: único e cheo de vida, ao igual que as asociacións premiadas que lle facilitan a vida aos máis desfavorecidos.

O proxecto presentado pola fundación Amigos de Galicia, “Con queso se crece mejor”, baséase na necesidade de incorporar este tipo de alimentos, o queixo, no día a día da poboación máis nova, co fin de cubrir así parte das necesidades básicas de alimentación. No caso de Down Galicia, o seu proxecto busca desenvolver un servizo especializado de atención temperá que permita enriquecer o medio no que se desenvolve a poboación infantil con síndrome de Down e facilitar así a súa integración no medio familiar, escolar e social.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre